Hoxe é

jueves, 10 de abril de 2008

Visitamos a radio



Onte, o alumnado de 3º e 4º da ESO, fixemos unha visita de estudos ao Barco. Alí participamos nun obradoiro de radio na emisora Onda Cero Valdeorras. Coñecemos a Sole, unha grande profesional dos medios de comunicación e locutora da emisora que, amabelmente, nos explicou o funcionamento da radio por dentro. Aprendemos como se fai un programa día a día, a linguaxe propia da radio (indicativos, jingel, ráfaga, careta, golpes...). Preguntámoslle a Sole por diversos aspectos do seu traballo e para finalizar fixemos de reporteiros-colaboradores. Saímos á rúa armados de micro e gravadora e "pulsando a actualidade", fixemos de improvisados entrevistadores dos habitantes do Barco. Hoxe ao medio día Onda Cero Valdeorras emitiu as nosas entrevistas que podedes escoitar AQUÍ. Desde o CPI Tomás Terrón Mendaña queremos agradecerlle a súa colaboración á emisora Onda Cero Valdeorras e especialmente a Sole, que tanto nos axudou e que agardamos voltar a vela axiña.


A segunda parte da nosa viaxe consistiu na visita á exposición Feísmo Ilustrado na Casa do Río Cigüeño, sede do Centro Comarcal de Valdeorras. Nesta exposición, promovida pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, quince debuxantes galegos empregan o humor gráfico e a ilustración para reflexionar sobre a problemática do feísmo en Galiza. O termo feísmo aplícase ás construcións ou obras humanas que degradan dalgún xeito o seu contorno.

Aquí podedes ver varias fotos tanto da visita á radio como á exposición:







1 comentario:

Anónimo dijo...

eiiiiiiiiiiii miRa Marcos que cara de emocionaoo :O
JAJAJA, se ve que lo pasasteis muy biien!
Un saludo :D