Hoxe é

viernes, 25 de abril de 2008

Comenza o concurso ¿Quén é quén de ser quén de qué?

Hola a todos e todas e benvidos a unha nova edición de ... ¿Quén é quén de ser quén de qué?

Cada pouco, irán aparecendo distintas imaxes de profes e alumnos e alumnas que, voluntariamente, queiran xenerosamente aportar algunha foto de cando meniños para que os demáis a adiviñen.

Os interesados e interesadas, dádelle a foto ou fotos a Emilio ou Alfonso.

Moita sorte e ánimo, vai ser moi divertido.

Ahí vai a primeira, a ver se sabedes quen é. Contestade coas posibles respostas como comentarios desta entrada.


martes, 15 de abril de 2008

ExCuRsIóN a MaLlOrK

Adrián
Bueno pois a experiencia en Mallork foi moi boa porque o pasei moi ben e aparte coñecín moitos sitios diferentes.

A min o que mais me molou foi cando unha noite Diego estaba chamando por Vitín e apareceulle o profe Emilio e Diego quedou medio espantado porque non esperaba a Emilio a esas horas da noite na nosa habitación.

Eu volvería outra vez para alí ca mesma xente e os mesmos profes .É que o pasei Moi Moi Moi Ben.

. . . Excursión Xenial. . .

Hola a todos/as!!!
Pois nesta excursión pasámolo xenial.
Houbo mogollón de anécdotas que nos fixeron reir.
A pena e que como xa dixen que os golfiños non tirasen
a Emilio a piscina ainda que alí iva o noso diñeiro. . .
Outra era cando Natalia e eu saimos da habitación
para irnos a outra e estaba Emilio na porta, tivemos
que inventar que iamos por auga!!

Pero ahora rimonos moito.

MªLuisa

excursión o Barco

jennifer:
cando os nosos compañeiros foron de excursión a mayorca a nos leváronnos de excursion o barco. Estuvemos en onda cero, saimos a rua a facerlle entrevistas aos cidadáns do barco alguns respondian sen protestar pero outros puñanse a correr ou dician que non querian entrevistas. Mais tarde levárnnos a unha casa donde nos amosaron o feismo ilustrado dalgunhas casas.
Nesa semana case non demos clases xa que foi unha semana moi relaxada.

Xa temos fotolog de Mallorca!

Veña, todos e todas a visitar, publicar e asinar !
O usuario e contrasinal é o mesmo que para publicar eiquí no blog, así que non hai desculpa.
O enderezo do blog é http://www.fotolog.com/sobradelo
Veña, atrévase!

lunes, 14 de abril de 2008

Mallorca: O hotel, o billar... os compañeiros!

Un dos aspectos que máis me gustou desta excursión que fixemos a MALLORCA foi a nosa estadía no hotel HORIZONTE.
O hotel non era moi bo pero era o lugar onde mellor o pasaba cos meus compañeiros.
Unha das razóns polo que o pasabamos ben no hotel é porque alí tiñamos billar e unhas máquinas para sacar peluches.
O profesor organizou un campeonato de billar para participar calquera compañeiro. Iso foi moi divertido pero, por suposto, os gañadores fomos VICTOR e EU. Como non, a este xogos sempre gañan os mellores.
Outra razón pola que o pasamos ben no hotel foi a de dormir un grupo de compañeiros todos xuntos no mesmo cuarto. Estas si que foron noites boas.


E por último,o que máis me gustou de toda a excursión foi cando visitamos unha sala de xogos. Foi o lugar que mais me gustou,despois do hotel.

KIKO

EXCURSIÓN A MALLORCA

O día que fomos para o albergue:

Ese día tivemos que levantarnos e prepara-las maletas para marchar para o albergue.
Saímos cara ás nove do hotel, todos coas maletas, e xa estaba o autobús esperándonos. Metemos as maletas no bus e marchamos para Porto Cristo. Logo de visitar un pouco Porto Cristo, fomos a ver as covas do Crack.
Nas covas o que máis me chamou a atención foi que, normalmente, nas covas fai frío e nesta facía calor, incluso sentías como che faltaba a respiración. Ao saír das covas estivemos rindo un pouco con Adrián que estivo xogando cunha “pava” que estaba alí.
Collemos o autobús de camiño ao albergue que estaba en Alcudia, despois de un longo percorrido chegamos ao lugar máis ou menos onde estaba o albergue e digo máis ou menos porque o chofer do autobús deixounos a un kilómetro do albergue. Logo tivemos que subir andando por entre o monte porque hai que destacar que o albergue estaba no medio do monte, e menos mal que non tivemos que subir as maletas que nolas subiu o dono do albergue no seu coche.
Por fin chegamos ao albergue e tivemos que estar esperando un pouco a que preparasen as cousas e por fin entramos. Deixamos as maletas nos cuartos e vaixamos cear.
Así foi como pasamos ese día.

Almudena 4º

...MALLORCA!


Os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. fomos de excursión a Mallorca.
Os primeiros días aloxámonos nun hotel e os restantes nun albergue.
Tódolos días tiñamos que erguernos cedo para facer diferentes actividades.
O primeiro día fomos o centro de Palma e alí vimos diferentes cousas(o castelo, os baños árabes..).
Tamén visitamos as covas do Drac, fomos a unha vila coñecido polo seu ferrocarril que pasa por toda a vila, a visita a Marineland donde vimos diferentes animais acuáticos, un espectáculo de papagaios e o show dos golfiños, onde colleron como voluntario ao noso profesor Emilio para dar un paseo nunca barca e foi suxeito por estes animais tan fermosos.
Outro día fomos a praia pola mañá, pero para a nosa desgraza estaba invadida polas medusas e non nos poidemos bañar, pero por sorte si probamos as augas mallorquinas nunca cala pequena que había preto do albergue.
Fomos a Sa-calobra e a unha montaña na que facía moitísimo aire e na que as cámaras fotográficas eran o obxecto principal para a nosa diversión.
Entre outras moitas cousas que fixemos e sitios que visitamos, chegou a última noite, unha noite chea de diversión e tendo presente que ao día seguinte xa voltabamos para Galicia.
Chegou o día de regreso e todos esperando ese avión que nos levaría de volta a casa, foi unha viaxe máis calmada que a de ida, xa que estabamos bastante cansados e tristes porque chegara o fin desta excursión tan esperada por todos nós.



Lorelai 4º

Foi marabilloso viaxar ata Mallorca!

A nosa visita a Mallorca foi unha das mellores excursións da miña vida. A compañía foi estupenda e pasámolo moi ben todos. Estivemos aloxados nun hotel chamado Horizonte os tres primeiros días, e o resto nun alberguín, que non foi o mellor que vimos porque estaba afastado de todo, pero non foi tan malo dentro do que cabe.

Visitamos moitísimos sitios e estivemos en lugares moi fermosos como por exemplo Las Cuevas del Drach. Para min foi o lugar máis bonito que vin na miña vida. Son unhas covas cheas de estalactitas e cun lago fermosísimo donde foi representada unha obra musical tocada cun piano montado nunca barca por medio do lago. Ao se acabar esa obra as personas que quixesen podían montar na barca para ir dun lado ao outro da cova e así sair fóra.

Outra visita que tamén me encantou foi cando fomos ver os delfíns e as focas en Marineland. Fixeron un espectáculo magnífico, na miña vida vira algo igual. A verdade é que me encantou. O máis gracioso foi que escolleron ao noso profesor Emilio para montar nunca barca dentro da piscina dos delfíns e estes tiraban dela. Tivo moitísima sorte en ser o elixido.


ESTHER.

jueves, 10 de abril de 2008

Visitamos a radio



Onte, o alumnado de 3º e 4º da ESO, fixemos unha visita de estudos ao Barco. Alí participamos nun obradoiro de radio na emisora Onda Cero Valdeorras. Coñecemos a Sole, unha grande profesional dos medios de comunicación e locutora da emisora que, amabelmente, nos explicou o funcionamento da radio por dentro. Aprendemos como se fai un programa día a día, a linguaxe propia da radio (indicativos, jingel, ráfaga, careta, golpes...). Preguntámoslle a Sole por diversos aspectos do seu traballo e para finalizar fixemos de reporteiros-colaboradores. Saímos á rúa armados de micro e gravadora e "pulsando a actualidade", fixemos de improvisados entrevistadores dos habitantes do Barco. Hoxe ao medio día Onda Cero Valdeorras emitiu as nosas entrevistas que podedes escoitar AQUÍ. Desde o CPI Tomás Terrón Mendaña queremos agradecerlle a súa colaboración á emisora Onda Cero Valdeorras e especialmente a Sole, que tanto nos axudou e que agardamos voltar a vela axiña.


A segunda parte da nosa viaxe consistiu na visita á exposición Feísmo Ilustrado na Casa do Río Cigüeño, sede do Centro Comarcal de Valdeorras. Nesta exposición, promovida pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, quince debuxantes galegos empregan o humor gráfico e a ilustración para reflexionar sobre a problemática do feísmo en Galiza. O termo feísmo aplícase ás construcións ou obras humanas que degradan dalgún xeito o seu contorno.

Aquí podedes ver varias fotos tanto da visita á radio como á exposición:







miércoles, 9 de abril de 2008

Que bos son, que nos levan de excursión!



Ola!
Desde Sobradelo queremos saudar o alumnado e profes que están de excursión por Mallorca. Sabemos que o estades a pasar en grande e que vos lembrades (aínda que só sexa un pouquiño) de nós. Alex, Andreia, Leticia e Tatiana comentaron a entrada na que estades no delfinario (por certo, dedicado a Emilio: "Fomos ficando sós, o mar, o barco e máis nós" M. Antonio, ha, ha) pero non sabemos que pasou, xa que non chegaron a publicarse os comentarios. Basicamente contábanvos que eles tampouco estiveron perdendo o tempo e para que o vexades mándanvos unhas fotos que xa vos comentarán.
Desexámosvos que aproveitedes a experiencia até ao último momento e que teñades unha boa viaxe de volta.

sábado, 5 de abril de 2008

Saúdos dende Mallorca!!

Eva, Lucia, Mónica, Mª Luisa, Susana

Hola, hola, holaaaaaa!
estamos eiquí en Mallorca, pasandoo moi ben... Onte perdemonos por Palma adiante de noite, case nos damos de bofetadas cuns pederastas, hoxe vimos focas, delfíns, tiburóns, raias, pingüinos, loros e papagaios... e Emilio foi arrastrado polos delfíns e caeu á piscina e case o comen!!

Susana
estamolo pasando moy ben e sin ganas de volver jeje, os poucos dias q levamos xa o temos todo inspeccionado. hoxe fumos a Marineland e pasamolo moy ben sobretodo vendo os delfíns e o profe emilio montou nunha barqueta e levouno un delfín....jeje.
saludos a todos.


Mónica
hola a todos!!!!
estamos en mallorca, e estamolo pasando moi ben a pesar de que algúns podíamos pensar que non iva a ser así!!!!
o que máis me gustou foi marineland, é sobre todo cando vimos os delfins empurrando o noso profe emilio nunha barquiña, e tamen cando os delfíns saltaban e sobrepasaban as cordas que lle puñan...

Acosellovos que veñades quen non viñera nunca porque é unha experiencia única....!!!!
Bueno moitos saludos e bicos para todos!!!!
MUAK*

Mª luisa
Hola!!!
Pois a verdade e que esta foto foi unha pasada tiñades que haber visto a Emilio estabamos todos desexando que o golfiño tirase ao profe para rirnos un rato pero non foi así jaja!!!
Espero que por alí todo esté ben ainda que lla teño que decir aos que non viñeron que foi unha pena que non viñesen por que levamos un día e xa no lo estamos pasando moi ben.
Coidaros e saudos a todos.

Eva
olaaa
k risa con emilio k pena k no kayo...jeje
llevamos un dia i nos lo estamos pasando mui biien
espero k los k kedarais nos os esten asiiendo trabajar muxoo...
un saludo a todos

Lucía
olaaaaaaaaaas a toos
k tal currando toda una semana???jejejee
weno nosotros nos lo stamos pasando d ptm....jejeje
k lastima k emilio no cayera!!!!m partiria el culo de risa......jejejeje
weno currantes k trabajeis poco y vageeis muxo!!!
besossssssssss dsde mallorka!!