Hoxe é

lunes, 14 de abril de 2008

Foi marabilloso viaxar ata Mallorca!

A nosa visita a Mallorca foi unha das mellores excursións da miña vida. A compañía foi estupenda e pasámolo moi ben todos. Estivemos aloxados nun hotel chamado Horizonte os tres primeiros días, e o resto nun alberguín, que non foi o mellor que vimos porque estaba afastado de todo, pero non foi tan malo dentro do que cabe.

Visitamos moitísimos sitios e estivemos en lugares moi fermosos como por exemplo Las Cuevas del Drach. Para min foi o lugar máis bonito que vin na miña vida. Son unhas covas cheas de estalactitas e cun lago fermosísimo donde foi representada unha obra musical tocada cun piano montado nunca barca por medio do lago. Ao se acabar esa obra as personas que quixesen podían montar na barca para ir dun lado ao outro da cova e así sair fóra.

Outra visita que tamén me encantou foi cando fomos ver os delfíns e as focas en Marineland. Fixeron un espectáculo magnífico, na miña vida vira algo igual. A verdade é que me encantou. O máis gracioso foi que escolleron ao noso profesor Emilio para montar nunca barca dentro da piscina dos delfíns e estes tiraban dela. Tivo moitísima sorte en ser o elixido.


ESTHER.

No hay comentarios: