Hoxe é

viernes, 8 de febrero de 2008

Uso respectuoso do blog

O blog está para o uso e disfrute de toda a comunidade do C.P.I. Tomás Terrón Mendaña; alumnos, alumnas, profes, familiares, ex-alumnos, ex-alumnas, e simpatizantes en xeral.

Calquera persoa autorizada como autor ou autora poderá escribir entradas, e calquera en xeral poderá escribir comentarios relativos a
+ novas de interese para a comunidade do centro
+ novas sobre a bisbarra de Valdeorras
+ novas de interese cultural xeral
+ reseñas de celebracións ou actividades
+ calquera tema pasado, presente ou futuro que sexa de interese para a nosa comunidade

O correcto funcionamente do blog está controlado por un administrador que ten a potestade de eliminar certas entradas ou comentarios, aínda que non exerce censura sobre os contidos.

Os únicos comentarios e entradas que eliminará serán:
- repetidos (deixarase unha copia de cada)
- ofensivos ou calumniantes contra algún membro da comunidade

Por último, lembramos que o blog non está pensado para establecer enfrentamentos entre particulares. Para iso existen os chats e os foros xeralistas.

Un saúdo e teñas unha grata navegación

O administrador

No hay comentarios: