Hoxe é

miércoles, 9 de abril de 2008

Que bos son, que nos levan de excursión!



Ola!
Desde Sobradelo queremos saudar o alumnado e profes que están de excursión por Mallorca. Sabemos que o estades a pasar en grande e que vos lembrades (aínda que só sexa un pouquiño) de nós. Alex, Andreia, Leticia e Tatiana comentaron a entrada na que estades no delfinario (por certo, dedicado a Emilio: "Fomos ficando sós, o mar, o barco e máis nós" M. Antonio, ha, ha) pero non sabemos que pasou, xa que non chegaron a publicarse os comentarios. Basicamente contábanvos que eles tampouco estiveron perdendo o tempo e para que o vexades mándanvos unhas fotos que xa vos comentarán.
Desexámosvos que aproveitedes a experiencia até ao último momento e que teñades unha boa viaxe de volta.

No hay comentarios: