Hoxe é

sábado, 2 de febrero de 2008

Como escribir no blog

Escribir unha entrada ou un comentario nun blog chámase publicar, e para que todo o mundo saiba facelo, escribín un documento coas instruccións necesarias, moi completo, coas pantallas que hai que cubrir e todo. O único que precisades, sexades profe ou alumn@, é saber o contrasinal adecuado (preguntade no cole).

Pero a versión resumida destas instruccións é:


Para escribir unha entrada nova.

  1. Acceder como autor, premendo “Acceder”, arriba á dereita
  2. Introducir o nome de usuario e o contrasinal, e premer ACCEDER. (alum@s: alumno.sobradelo@gmail.com profes: profe.sobradelo@gmail.com)
  3. Clicamos en Nueva entrada para escribir algo novo, ou en Administrar: Entradas se queremos cambiar unha xa existente ou retomar un borrador.
  4. Escribir o título e texto do artigo, asiganarlle unha categoría e darlle a PUBLICAR ENTRADA.
  5. Clicar en GUARDAR AHORA, se non podemos ou queremos rematar nese momento e retomaremos o borrador mais tarde.

Para escribir un comentario a unha entrada
  1. Clicamos na palabra comentarios que está ó final da entrada
  2. En Deixa a túa opinión escribimos o comentario, e en VERIFICACIÓN DE LA PALABRA, as letras e/ou números que aparecen algo retortos xusto antes
  3. Escollemos a identidade coa que queremos que se publique a noticia (pode ser un enderezo e-mail, anónimo, ou un nome calquera (alias))
  4. Dámoslle a PUBLICAR COMENTARIO.

O enlace a este arquivo quedará na columna da dereita para que estea sempre dispoñible.

1 comentario:

Anónimo dijo...

el amor sin un beso es como la pizza sin queso.