Hoxe é

lunes, 17 de diciembre de 2007

POR FIN CHEGAN AS VACACIÓNS!!

MªLuisa
Pois un día máis volvo por aqui. Este vez para desexarlle sorte a aqueles a alumnos que están cos últimos exames.
ánimo que xa queda pouco.
Un saudo para todos e sorte

viernes, 14 de diciembre de 2007

O mellor rapeiro do mundo!!!

MªLuisa

Hola pois volvo con outra noticia sobre música esta vez para falarvos sobre Eminem.
A min personalmente gústame moito o tipo de música que utiliza el (rap).
Deixovos un enlace no que podedes consultar algunha canción ou simplemente ver a descripción do disco.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Excursión: a tecnoloxía axuda ós discapacitados

Existen moitos tipos de discapacidade; mental, física, funcional, motora, sensorial, etc. Cada un destes tipos implica unha serie de inconvenientes ás persoas que a padecen. Ó longo da historia, foron aparecendo diferentes aparatos, inventos ou técnicas para facerlle a vida un pouco máis fácil a que sofre estes impedimentos. Exemplos disto son o simple bastón dos ou o adestramento de cans guía para os invidentes, audífonos para os xordos, cadeiras de rodas para os que non poden camiñar, etc.

Pero todos estes son inventos moi “vellos”; ¿ten a moderna tecnoloxía algo que ofrecer?. Pois si, temos dende aparatos que funcionan por ordes faladas para a xente sen mobilidade, ordenadores que poden ser manexados movendo a cabeza ou simplemente coa vista, rampas automáticas para subir escaleiras, etc.

Cando a axenda do centro o permita, os alumnos e alumnas de tecnoloxía e un par de profes, realizaremos unha visita ó Centro de atención integral Princesa Letizia, de Vilagarcía de Arousa, onde poderemos ver e interactuar con este tipo de medios, e achegarnos un pouco e ver como é un día de traballo de persoas con parálise cerebral, e o día dos profesores e coidadores que traballan con eles. Este é un centro de día para persoas con parálise cerebral.

¿Sabes o que é un centro de día? ¿E a parálise cerebral ?

Día internacional das personas con discapacidade

O día 3 de decembro foi declarado pola Asemblea Xeral da ONU como o día internacional das persoas con discapacidade, e a súa conmemoración ten como meta fomentar a comprensión dos asuntos relativos á discapacidade e mobilizar ó apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas discapacitadas. Tamén tenta aumentar a sensibilidade sobre os beneficios que se derivan da integración das persoas con discapacidade en cada un dos aspectos da vida política, social, económica e cultural. O día internacional pretende conseguir que as persoas discapacitadas disfruten dos dereitos humanos e participen na sociedade de forma plena e en condicións de igualdade, obxectivo establecido polo Programa de Acción Mundial para os impedidos.

O lema deste ano é Traballo digno para as persoas con discapacidade. É dicir, este ano, a conmemoración centrarase na busca de cómo lograr un traballo digno para as persoas con discapacidade e nos xeitos de profundizar nas habilidades desta bolsa de talentos marxinada.

O artigo 27 da recén adoptada Convención dos dereitos das persoas con discapacidade recoñece o dereito ó traballo das persoas con discapacidade sobre a base de igualdade con respecto a outros traballadores.

¿Crees que as persoas con discapacidade teñen máis ou menos dereitos que as persoas que non as teñen? ¿Dereito a unha vivenda digna? ¿A un traballo digno? ¿Cres que se cumplen estes preceptos na actualidade no teu contorno?

¿Cómo pode a tecnoloxía axudar ás persoas con discapacidade? ¿Cómo poden as administracións axudar ás persoas con discapacidade optar a un traballo digno?

¿Coñoces a alguén con discapacidade? ¿Qué tipo de discapacidade ten? ¿Cómo inflúe no seu día a día e na súa realización como persoa?

¿Qué tipos de discapacidades coñeces? ¿Qué tipos de axuda a esas discapacidades coñeces?

· La ONU y las personas con discapacidad

· Entorno accesible

· Rights and Dignity of Persons with Disabilities

· Organización mundial de persoas con discapacidade

· Fademga

A orixe da tradición das postais de Nadal

Na antiga Roma, as festas para honrar ó deus Jano, dedicabanse ó culto da amistade, felicitando ós amigos e familiares con polas de olivo, monedas de ouro e doces. Como tantas outras tradicións, foi cristianizada, e co paso dos anos os regalos antes mencionados transformouse en envío de felicitacións.

A primeira postal de imprenta foi enviada dende Estrasburgo en 1476 e está asinada polo grabador Marters E.S.

Pero a tradicional felicitación de Nadal con postais tal e como se fai hoxe e de maneira comercial (mercar postais feitas) foi idea do británico sir Henry Cole, un home de negocios londinense que editaba libros infantís ilustrados e que chegaría a ser director do famosísimo Victoria & Albert Museum.

No ano 1843 encargou a un amigo debuxante chamado John Horsley uns debuxos con esceas de Nadal que máis tarde reproduciu na imprenta xunto cunhas breves mensaxes de bos desexos e felicitacións. Estas postais eran firmadas e se lles daba cor manualmente. A Lenda sobre Henry Cole di que fixo todo isto para compensar o que tardaba en respostarlle as cartas das persoas ás que lle mandaba logo a postal, xa que era un pouco lacazán para as súas cousas.

De xeito que imprimía as que necesitaba para mandar e facía algunhas máis que vendía na súa libraría ó precio de 1 chelín cada unha (o que valía unha comida, daquela).

O deseñador John Horsley inclui na tarxeta a lenda “Merry Christmas and a Happy New Year” (Bo Nadal e feliz aninovo), que chegou ata o día de hoxe. O ano seguinte, na mesma corte real da raíña Victoria copiaronlle a idea.

Pero a súa popularidade non foi moi grande ata que se modificaron as taxas de correos de xeito que enviar unha postal custase a metade que unha carta con sobre e, ademáis, apareceu un novo método de impresión en cor de maneira que non houbese que pintar as postais a man. En 1849, o artista inglés William Egley produciu unha tarxeta popular, máis económica.

Un home de negocios chamado Louis Prang levou as poistais a Boston, en Estados Unidos, o ano en que se popularizou o costume de utilizar tarxetas impresas para fecilitar as festas.

Este artigo está sacado desta páxina, onde podes ver tamén a orixe doutras tradicións do Nadal.

I concurso de postais de Nadal

Na antiga Roma, as festas para honrar ó deus Jano, dedicabanse ó culto da amistade, felicitando ós amigos e familiares con polas de olivo, monedas de ouro e doces. Como tantas outras tradicións, foi cristianizada, e co paso dos anos os regalos antes mencionados transformouse en envío de felicitacións.

A primeira postal de imprenta foi enviada dende Estrasburgo en 1476 e está asinada polo grabador Marters E.S. Pero a tradición de enviar as postais como hoxe facemos foi unha idea comercial de alguén con moita vista, moitos anos despois….

Para saber os detalles le a noticia seguinte.

Este ano no cole celebrase o I Concurso de postais de Nadal, para tod@s @s alumn@s do centro. Fai un debuxo co lema “Qué é para ti o Nadal?”. Para min son vacacións, para min son regalos, para min é comer turrón e polvoróns, e para mín é a conmemoración de cando naceu Xesús. Busca a túa mensaxe e fai a túa postaliña, e concursa.

BASES DO CONCURSO

1. Poden presentarse todos os alumnos e alumnas do C.P.I. Tomás Terrón Mendaña que estean matriculados no prazo do concurso.

2. O prazo de presentación de traballos é do 3 ó 19 de decembro, ambos inclusive.

3. Haberá 3 categorías, con 3 premios cada unha

a. Educación infantil e 1º e 2º de primaria

b. 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

c. Educación secundaria

4. Poderanse presentar tantos traballos como se queira.

5. A técnica é libre, é dicir, pódese realizar o debuxo a lápis, ceras, témpera, acrílicos, collage, óleo, acuarela, rotulador, lápis de cor, etc.

6. O formato do soporte é libre, é dicir, pódese presentar en papel de folio, de debuxo, cartulina, pergamino, tablilla, tea, etc.

7. O tamaño é libre. De todos os xeitos, deberá ser un tamaño susceptible de poder ser entendido como postal.

8. O xurado estará formado por profesor@s e alumn@s.

9. O s gañadores ou gañadoras serán dados o coñecer o último día de clase antes das vacacións.

10. Os traballos serán expostos nos taboleiros do colexio.

Ánimo e participa.

domingo, 2 de diciembre de 2007

Breve historia da escravitude

Aínda que a maioría da xente identifica a escravitude co tráfico e explotación da poboación negra, fundamentalmente procedente de África e destinada a América, de certo, a escravitude comezou na prehistoria e mantívose sempre (ata hoxe), coma unha característica desgraciadamente inherente á condición humana.

Na prehistoria, no neolítico, ....

Se queres ver a noticia enteira, pincha eiquí

Día internacional para a abolición da escravitude

O 2 de decembro de 1949, a Asemblea Xeral da ONU, aprobou o Convenio para a represión da trata de persoas e da explotación e da prostitución allea, co que se pretende loitar contra todos os tipos de tráfico de escravos. Deste xeito no ano 1996, a Asemblea xeral decidiu conmemorar o 2 de decembro, lembrando esta data, como o día internacional para a abolición da escravitude.

Anteriormente, o 25 de setembro de 1926 celebrarase a Convención sobre a escravitude, en Xenebra. Foi posteriormente modificada na sé da ONU en Nova York, o 7 de decembro de 1953.

Pero os primeiros instrumentos internacionais para combatir a escravitude foron a Acta Xeral de Berlín de 1885, a Acta Xeral e Declaración de Bruselas de 1890, e a Convención de Saint-Germain-en-Laye, de 1919.

¿Cómo definirías a escravitude? ¿Qué tipos de escravitude cres que se dan no mundo actual? ¿En qué países? ¿Cres que haxa no teu país? ¿E no teu concello?

Enlaces de interese

· Día internacional para la abolición de la esclavitud, en Naciones Unidas

· Biblioteca de Educación en Derechos Humanos: Esclavitud, trata de personas, trabajo forzoso

· La esclavitud sigue existiendo en muchos países

· Esclavitud, en Wikipedia

· Día internacional para la abolición de la esclavitud, en Wikipedia

· Cronología de la esclavitud, entre 1479 e 1888

· Trata de esclavos africanos en América

· La esclavitud en Egipto

· África pide perdón por sus esclavos

· Historia de la esclavitud en Amnistía Internacional

· La esclavitud: américa conquistada, áfrica esclavizada

· Décimo congreso das Nacións Unidas sobre prevención do delito e tratamento do delincuente: Novo tratado mundial para combatir a escravitude sexual de mulleres e nenas.

· La esclavitud y el trabajo forzoso

· Día internacional para la abolición de la esclavitud, con UNICEF

viernes, 30 de noviembre de 2007

Saludos a Roberto!!!!!

Bueno como xa saberedes Roberto o profe de ciencias está enfermo.
dende aqui mandamoslle moitos saudos.
Roberto recuperate pronto que xa te queremos ver aqui logo.
A cuidarse
Por maria luisa

domingo, 25 de noviembre de 2007

Semana do desarme: películas recomendadas

Podedes aproveitar esta semana para ver algunha destes películas, que tratan varios dos temas relacionados coa Semana do Desarme. O problema das armas, da carreira armamentística, unha visión non romántica e máis real das guerras, etc. (Enlaces a Internet Movies Data Base)

A carreira armamentística.
Juegos de Guerra, 1983 (WarGames)
Teléfono rojo, volamos hacia Moscú, 1964 (Dr Strangelove or: How I Learned to Stop Worriying and Love the Bomb)

Juegos de Guerra Teléfono Rojo, volamos hacia Moscú

O perigo das armas persoais

Elephant, 2003 (Elephant)
Bowling for Columbine, 2002 (Bowling for Columbine)
American History X, 1998 (American History X)
Elephant Bowling For Columbine American History X

O horror da guerra e
a xente normal que combate nela.
Salvar al soldado Ryan, 1998 (Saving Private Ryan)
Banderas de nuestros padres, 2006 (Flags or Our Fathers)
Cartas desde Iwo Jima, 2006 (Letters From Iwo Jima)
Apocalipsis Now, 1979 (Apocalypse Now)
Platoon, 1986 (Platoon)
La chaqueta metálica, 1987 (Full Metal Jacket)
Black Hawk derribado, 2001 (Black Hawk Down)
Senderos de gloria, 1957 (Paths of Glory)
La delgada línea roja, 1998 (The Red Thin Line)
Salvar al soldado Ryan Banderas de nuestros padres Cartas desde Iwo Jima Apocalypse Now Platoon La chaqueta metálica Black Hawk Derribado Senderos de Gloria La delgada línea roja

As guerras civiles.
Diamante de Sangre, 2006 (Blood Diamond)
Hotel Rwanda, 2004 (Hotel Rwanda)
El viento que agita la cebada, 2006 (The Wind That Shakes the Barley)
El Álamo, 2004 (The Alamo)

Diamante de sangre Hotel Rwanda El viento que agita la cebada El Álamo

Pregúntalle ós teus profes se cha poden deixar, ou pasa polo teu video-clube (e que teñas sorte...)

Semana do desarme

Do 24 ó 30 de Outubro conmemórase a Semana do Desarme, coincidindo o seu comezo co aniversario da fundación da Organización das Nacións Unidas, ONU. Na asemblea xeral de 1978, pediuse ós países membros a observancia anual de dita conmemoración, para destacar a importancia do perigo que supón a carreira armamentística, a necesidade de acabar con ela, e achegar ó cidadán estes conceptos, que os entendan e valoren a súa importancia.

O desarme comprende varios aspectos como o cese da carreira armamentística, o desmantelamento de arsenais, a concienciación da poboación do perigo da posesión e uso de armas, o seu desarme, a eliminación dos campos de minas antipersoas, o fin do tráfico de armas, etc.

Aproveitade esta semana para fixarvos nos artigos ou reportaxes que aparezan en prensa de demáis medios de comunicación para vos informar deste problema. Botádelle unha ollada ós seguintes enlaces, onde podedes atopar información destas cuestións.

sábado, 24 de noviembre de 2007

Dulce Navidad


Esther

Estamos organizando una excursión de fin de curso, para los alumnos de segundo ciclo de la E.S.O.
Con un poco de suerte iremos a Mallorca en el mes de abril, donde haremos un poco de turismo por la ciudad y si hay tiempo practicaremos surf!
De momento estamos vendiendo rifas para un sorteo de navidad donde el ganador se llevará una cesta de navidad cargada de todos los alimentos típicos de navidad, como turrones, mazapanes, polvorones, uvas pasas, higos... Y también productos que no son típicos de estas fechas pero que se comen todo el año, por lo tanto también estarán incluidos en la cesta: queso, jamón, chorizo, salchichón, vino ( del bueno) ... etc!
Yo que vosotros no dudaría en comprarles una rifa a los alumnos encargados de venderlas, ya que son bastante baratas ( 2,50 €) y a parte de que te puede tocar la magnífica cesta, pues colaboras a que la excursión nos salga a mejor precio ; )
Más adelante venderemos unas camisetas, con un dibujo que diseñaremos nosotros mismos, que espero que os guste & así las compráis, que seguro que serán muy bonitas!

Un beso, chaooo! : )

PD: a comprar Rifas ehhhh!

viernes, 23 de noviembre de 2007

EXCURSIÓN A PONFERRADA

Alex e Víctor
O vindeiro venres día 30 faremos unha excursión a Ponferrada para ver "AS IDADES DO HOME",iremos toda a ESO.Seguro que o pasamos moi ben. A
excursión ira Juanjo o que organizou a excursión e outro profesor que ainda non se decidiu quen sera.

jueves, 22 de noviembre de 2007

Un novo comic en galego


¡Estamos de sorte! Xa viu a luz unha nova publicación de humor, esta vez en galego. E que mellor nome para unha revista galega de humor que ... RETRANCA. Segundo os seus autores, o obxectivo da revista é recuperar o humor galego, e para iso apostan por un eslogan máis galego que os grelos: "...lerasnos de morto se non nos les de vivo"

Ten como mascota á Santa Compaña, que tentará recuperar a longa tradición de humor galego. Retranca xa ten páxina web, bueno, é un blog, realmente, así que podedes consultala, se queredes.

Sae a un bo prezo, pouco máis de 2 €, e esperamos que cheguen ós quiscos de O Barco algún dos 8.000 exemplares que se van editar.

Morreu Fernando Fernán Gómez


Ós 86 anos de idade (naceu en Lima, Perú, 1921) morreu, tras 20 días de hospitalización, un dos máis grandes actores españois. Director e escritor ademáis de actor, Fernando Fernán Gómez protagonizou case 200 filmes, dirixiu máis de 20, publicou varios libros, protagonizou e dirixiu numerosas obras de teatro, e era membro da Real Academia de la Lengua. Ademáis obtivo moitos galardóns como o Premio Príncipe de Asturias, Premio Nacional de Interpretación, Oso de Prata de Berlín, 2 Premios Goya e o Premio Nacional de Cinematrografía.

Foi moi popular e coñecido sobre todo interpretando papeles de caballero español con gran cultura e educación, tendo, sen embargo, últimamente sona de irascible e maleducado, ("... a la mierda!..."), aínda que aseguraba que era un papel que lle deu por representar últimamente, para liberarse en certo modo do acoso de prensa e admiradores.

Podes ver varios artigos sobre él na prensa, a súa filmografía ou algunha biografía, nos enlaces seguintes.

Prensa: La Voz de Galicia, La Voz de Galicia (2), El País, El Mundo
Filmografía: Internet Movies DataBase
Biografía: Vidas de cine, Google, El Criticón, Culturalia

Rendámoslle dende eiquí unha homenaxe a un actor que nos acompañou prácticamente dende que tivemos idade e/ou uso de razón para ver a tele ou ir ó cine.
Se viches algunha película ou serie no que fose protagonista e queres expresar a túa opinión, deixa un comentario.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Día mundial da televisión

O 17 de decembro de 1996, a Asemblea Xeral da ONU decidiu establecer o 21 de novembro como día mundial da televisión, conmemorando a data na que se celebrou o Primeiro Foro Mundial sobre a TV.

Poderíamos aproveitar esta conmemoración para reflexionar acerca dos contidos que amosa a tele actualmente; dos que temos á nosa disposición, cales son os que consumimos; o que lle pedimos á TV; qué uso (interesado ou non) se fai da televisión; ¿é un servicio público ó servicio dos cidadáns, ou é unha empresa para gañar cartos? ¿qué influencia ten na nosa conducta, nas nosas vidas e no devir do mundo en xeral?

Coma sempre, temos un feixe de películas que tocan varios temas políticamente incorrectos relacionados co mundo deste medio de comunicación. Recomendovos o visionado dos seguintes filmes.

O síndrome de China, 1978 (The China Syndrome). Dirixida por James Bridges e protagonizada por Jack Lemmon, Jane Fonda e Michael Douglas. Durante un reportaxe rutinario a unha central nuclear nos Estados Unidos de América, os xornalistas gravan un accidente na central, que ó final, resultou ser gravísimo. Como políticamente non interesaba publicalo (a mesma empresa estaba construindo outras centrais), tentouse silenciar o asunto, incluso co resultado de mortes. Ilustra a manipulación político-económica dos medios de comunicación.

O Show de Truman, 1998 (The Truman Show). Dirixida por Peter Weir e protagonizada por Jim Carrey, Ed Harris e Paul Giamatti. Truman é un home normal que vive unha vida completamente normal, ata que un día se decata que a súa vida é estranamente repetitiva. Acaba descubrindo que a súa vida é prefabricada, e dende o seu nacemento foi un experimento dun reality show que pretendía durar toda a súa vida sen que el se decatase. Todo o país vivíu a vida de Truman dende o seu nacemento. ¿Nunca te preguntaches se a túa vida é real ou es un monicreque dun sistema?

Network, un mundo implacable, 1976 (Network). Dirixida por Sidney Lumet e protagonizada por William Holden, Faye Dunaway, Peter Finch e Robert Duvall. O mundo da TV move uns enormes capitais económicos e representa un gran poder político e social. Por isto, a loita polos índices de audiencia son encarnizadas; os canais son capaces de case todo... mesmo o suicidio en directo e anunciado.



Requiem por un soño, 2000 (Requiem for a Dream). Dirixida por Darren Aronofsky e protagonizada por Ellen Burstyn, Jared Leto, Christopher McDonald e Jennifer Connelly. Catro persoas persiguen o seu soño, unha muller, o seu fillo e a moza e mellor amigo del. Acaban facendo ata límites insospeitados por acadalo, e acaban destruíndo as súas vidas. O soño da muller é sair nun reality show, e iso a destrúe totalmente.

Hai moitas máis, pero, ou ben son menos significativas, ou ben eu non as coñezo. Investiga no meu videoclube ou preguntalle ós teus profesores por elas.
Lembra, moitas veces, unha imaxe vale máis que mil palabras. Se ves algunha delas, deixa algún comentario para os que non o fixeron.

Os nenos no mundo: fotos

Pincha nestas fotos para ver unha compilación de fotos de nenos no mundo.

Reflexiona sobre a túa situación no mundo...

martes, 20 de noviembre de 2007

Os nenos no mundo

Ano 2007. Centos de miles de nenos e nenas no mundo son explotados laboral ou sexualmente, utilizados como soldados, e son menoscabados os seus dereitos como nenos e como seres humanos. Bótalle un vistazo a estes enlaces e reflexiona sobre a súa e a túa situación.

Cinema forum: dereitos do neno

Hoxe conmemórase o Día internacional dos dereitos do neno, e no centro imos realizar unha actividade de cinema forum, o cal siñifica ver unha película que teña uns contidos alusivos ó tema en cuestión, para despois debatir e/ou traballar unha serie de cuestións ou temas que aparecen no filme ou que se poden derivar del.

A película que se proxectará será "Diamante de sangue" (Blood Diamond), filme do ano 2006 no que se trata o dramático tema dos nenos soldados. Está dirixida por Edward Zwick e protagonizada por Leonardo Di Caprio, Djimon Hounsou e Jennifer Connelly.

Sinopse: En 1999, durante a guerra civil en Sierra Leona, 2 homes unen as súas vidas, destinos e esforzos nunha perigosísima misión: recuperar o diamante máis grande sacado dunha mina por traballadores esclavos. A diferenza é a motivación que os move. Un pretende facerse rico a costa do diamante; o outro quere rescatar ó seu fillo, raptado, adoutrinado e convertido en neno soldado polo exército rebelde.
Podes ver unha completa ficha da película en Internet Movies Data Base (IMDB).

Escribe as túas impresións acerca da película e/ou acerca do tema que se trata.
Podes descargar a ficha para traballar a actividade.

Día internacional dos dereitos do neno

O 20 de novembro de 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou a Declaración dos dereitos do neno, recollendo 10 dereitos, denominados principios, e establecendo esta data para a conmemoración a nivel mundial. Escuetamente, estes principios son os seguintes.

1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5. Dereito á educación, e atención especial para os nenos física ou mentalmente disminuídos.
6. Dereito a comprensión e amor por parte das familias e a sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amistade, e a xustiza entre todo o mundo.

Podes atopar o texto completo da Declaración dos dereitos do neno, no seguinte enderezo do Alto comisionado das nacións unidas para os dereitos humanos.

Investiga na páxina de Amnistia Internacional como están os nenos e nenas polo mundo adiante.

Toma uns minutos en reflexionar acerca de como viven os nenos nas diferentes partes do mundo. ¿Sabes que hoxe en día hai nenos que son utilizados como esclavos laborais e sexuais, como soldados, que morren de fame e frío e tantas outras cousas? ¿Pensas que se cumplen en xeral os principios da declaración dos dereitos do neno antes mencionados?

lunes, 19 de noviembre de 2007

O Magosto En Casaio


O pasado día 3, celebrouse en Casaio o Magosto.

A asociación de mulleres rurais deste pobo organizouno todo.

Na paza do pobo, fixose unha gran fogata. É o redor dela

puxeronse as mesas para toda aquila persoa que quixese comer churrasco e chourizos asados.

Os postres fixeronnos estas mulleres, algúns gustaban mais que outros.

Tamén repartiron licores, de moitas clases, como o de orujo ou de hervas.

a cea empozou as nove da noite, pero prolongouse ata as 3 da maña.

Para a xente maior puxeron cancions de Marisol e cousas así...

É cando marchou toda esa xente maior, festa rachada.

Un día diferente nas nosas vidas...


Natalia

Aforra enerxía usando Google

O 2o de xaneiro de 2007, no blog EcoIron, Mark Ontkush, un informátrico especializado en aforro de enerxía na informática, publicou un curioso estudio relacionado co popular motor de busca Google.
Neste estudio podemos ver canta enerxía consume un monitor medio, dependendo do color amosado na pantalla. Unha das cousas que explica é que unha pantalla en branco consume uns 74 Watt fronte ós 59 Watt dunha pantalla en negro. Basta entrar na páxina principal de Google para comprobar que é básicamente unha pantalla en branco.

Dada a cantidade de usuarios (uns 200 millóns de consultas) que navegan diariamente en Google, e o tempo empregado, Mark fixo unha estimación de canto consumen no mundo eses monitores, e canto consumirían se a pantalla fose negra e non branca. Utilizando unha pantalla negra como a que propón, aforraríanse uns 750 MWatt.hora, facendo un cambio minúsculo nos servidores de Google.
Parece ser que en Google tomaron en conrta a idea e deron a posibilidade de realizar buscas en Google utilizando unha páxina negra, mediante un servidor externo que ofrece as buscas co permiso de Google.
Este novo servicio chámase Blackle (do inglés black + Google), e accédese no enderezo http://www.blackle.com. Blackle xa ten unha entrada en Wikipedia, e na súa páxina principal ofrécenos unha lista de trucos para aforrar enerxía en moitas facetas do noso quefacer cotián.
O uso da pantalla de Blackle persigue dous obxectivos; ó arrancar o monitor en negro e non en branco, estamos contribuíndo ó aforro global de enerxía, e, por outra banda, estamos lembrando a necesidade de aforrar anerxía cada vez que facemos unha busca .
O lado negativo de usar Blackle e non Google é que o primeiro non ten de momento todas as funcións do segundo.

De todos os xeitos, ¿cres que é interesante o cambio? ¿Usarás Blackle? ¿Recomendaras o seu uso? ¿Qué opinas da necesidade (ou non) de aforrar enerxía? ¿Cómo contribúes no día a día a aforrala?

O Magosto en Casaio

O magosto en Casaio celebrouse o día 6 de

Todos a ver Matrimonio Compulsivo

Jesús Carrera Carrera (casaio)

Recoméndovos esta pelicula e quédate con "SERÉ GILIPOLLAS".
É unha das mellores que vin,trata de un home con sorte pero a vez un pouco parvo que acaba casando cunha muller preciosa por fora pero con lume por dentro.

Se tes un momento bótalle un vistazo!
É xenial!!!! aupa celta!!!

Películas interesantes... =)

Esther
Supersalidos es una película que trata de dos adolescentes que están a punto de graduarse en el instituto.
Evan es el nombre de uno de ellos, es un joven muy inteligente pero está muerto de miedo porque no se hace a la idea de estar solo en la universidad.
El otro chico, Seth, es un bocazas y está obsesionado con el sexo opuesto.
Es una historia en la que sucederan muchas anécdotas cómicas, de una noche en la que no siempre se consigue lo que quiere, y menos con unas chicas difíciles...

Lo dejo a vuestra elección, en esta página podeis ver unos trailers de esta película:
http://www.doblecero.com/archivos/index.asp

domingo, 18 de noviembre de 2007

Conmeracións do mes de novembro

Cada mes temos que lle prestar atención a unha serie de días nos que lembramos aquilo que deberiamos lembrar todos os días pero que, por desgracia, non é así.
Utilizanse tamén algunhas conmemoracións para informar ou concienciar á xente de cousas que descoñece ou das que non alcanza a ver a súa importancia.
Este mes conmemoraremos

A nivel do centro ou de aula, tentaremos traballar algún (ou mellor todos) destes eventos, con actividades diversas, algunhas das cales serán tamén referidas neste blog.

viernes, 16 de noviembre de 2007

Día internacional pola tolerancia

O ano 1995 foi declarado Ano das Nacións Unidas para a Tolerancia, por iniciativa da UNESCO. Durante dito ano realizaouse unha campaña mundial a favor da tolerancia e a non violencia. Como consecuencia disto e para facelo algo permanente, o 12 de decembro do ano 1996 a Asemblea Xeral da UNESCO invitou ós países membros a que conmemorasen o 16 de novembro o Día Internacional pola Tolerancia.
A propia UNESCO propuxo dez aspectos a considerar neste respecto, que serían os seguintes.

1. Diversidade na comunidade
2. Dereitos humanos
3. Programa individual de tolerancia
4. Non á violencia
5. Diversidade ecolóxixa e diversidade humana
6. Tolerancia relixiosa
7. Actualidades
8. Deportes e tolerancia
9. Creatividade no traballo
10. Vínculos internacionais

Reflexiona sobre como se atende a estos aspectos no teu contorno; a túa familia, os teus amigos e amigas, o teu centro educativo, a vila ou cidade onde vives, e tí mesmo. Pensa en como consideras ós demais, á diversidade, dende estos puntos de vista, e comenta algo.
Para ler máis, mira a páxina da ONU sobre o Día Internacional pola Tolerancia.

Música

Pois aiquí estou unha vez máis.
Esta vez para falar de música, neste caso dun grupo bastante coñecido como é Linkin Park.
Este grupo sacou disco novo non hai moito, a final do verán. O disco chámase Minutes to Midnight. É un tipo de música que nos non adoitamos escoitar, eu escoitei o cd e podovos asegurar que esta moi ben ademais de que é un pouco mais tranquilo que o anterior.
Aiquí deixo un enlace e se a alguén lle interesa este disco que se pase por ali.

De María Luisa

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Cinco anos de chapapote

Hai 5 anos a Costa da Morte e un pouco despois toda Galicia viviu a peor catástrofe ecolóxica da súa historia. Un petroleiro monocasco nun estado deplorable chamado Prestige, lanza un S.O.S. xa que se atopa en grave risco de naufraxio fronte as costas de Galicia. Todos lembramos o que aconteceu. O barco foi a pique, vertendo cerca de 60.000 toneladas de fuel, que acabaron nas rochas, nas praias, no peixe, nas aves mariñas, etc. Esta marea negra foi contraatacada cunha marea branca de solidariedade de voluntari@s chegad@s de toda España e algún sitio máis.
¿Cantos anos tiñas cando aconteceu isto? ¿Qué recordas? ¿Cómo o viviches? ¿Coñeces a alguén que fora limpar á costa? ¿Cómo pensas que está a cousa agora? ¿Coñeces algún dos medios utilizados para limpar ou para extraer o fuel do pecio?

martes, 13 de noviembre de 2007

Incendios da zona

Por María Luisa.
Dende o sábado día 10 de Outubro está ardendo pola parte de León que pasou a Galicia nas montañas de Casaio.
Dado que era una zona de difícil acceso, os bombeiros non poideron chegar cos coches bomba. Debido a isto, un helicóptero estivo apagando o lume ainda que si en vez de ir un só houberan ido dous pois o lume apagariase antes.
O susto está pasado ainda que deixou unha paisaxe fea. O luns 12 xa casi non había chamas.
Si queredes saber máis sobre este feito o podedes atopar en La Voz de Galicia

viernes, 9 de noviembre de 2007

Saudos para Jenni

Esperamos tdos que te mellores porque xa levas unha semana de vacancias....
As túas clases con Luis sen as tuas risiñas non son o mesmo.

SAUDOS

Una amiga

Leti,Mari recuperaos pronto!!!!!!!

cuidaros!!!!!!!

un abrazo!!!!!!!!

jueves, 8 de noviembre de 2007

O Magosto

O pasado venres celebramos o magosto no cole, celebrando os xa tradicionais xogos populares. O dato negativo foi a escasa participación de rapaces e rapazas, que non se animaron a competir. O vencedor indiscutible foi Marcos, que nos deu unha lección de interdisciplinariedade.
Podes ver algunhas fotos do magosto.

martes, 6 de noviembre de 2007

¡Arranca este blog!

Benvid@s ó blog do cole. Eiquí aparecerán contidos relativos á vida no centro, novas, curiosidades, materiais escolares, e todo o que queirades engadir.
Poderán escribir alumnos e alumnas, profes, pais, nais, e xente que estivo eiquí e marchou para outro lado. ¡Sodes tod@s benvid@s!
Por certo, isto non é nada oficial, só unha maneira de estar en contacto.