Hoxe é

lunes, 14 de abril de 2008

EXCURSIÓN A MALLORCA

O día que fomos para o albergue:

Ese día tivemos que levantarnos e prepara-las maletas para marchar para o albergue.
Saímos cara ás nove do hotel, todos coas maletas, e xa estaba o autobús esperándonos. Metemos as maletas no bus e marchamos para Porto Cristo. Logo de visitar un pouco Porto Cristo, fomos a ver as covas do Crack.
Nas covas o que máis me chamou a atención foi que, normalmente, nas covas fai frío e nesta facía calor, incluso sentías como che faltaba a respiración. Ao saír das covas estivemos rindo un pouco con Adrián que estivo xogando cunha “pava” que estaba alí.
Collemos o autobús de camiño ao albergue que estaba en Alcudia, despois de un longo percorrido chegamos ao lugar máis ou menos onde estaba o albergue e digo máis ou menos porque o chofer do autobús deixounos a un kilómetro do albergue. Logo tivemos que subir andando por entre o monte porque hai que destacar que o albergue estaba no medio do monte, e menos mal que non tivemos que subir as maletas que nolas subiu o dono do albergue no seu coche.
Por fin chegamos ao albergue e tivemos que estar esperando un pouco a que preparasen as cousas e por fin entramos. Deixamos as maletas nos cuartos e vaixamos cear.
Así foi como pasamos ese día.

Almudena 4º

No hay comentarios: