Hoxe é

miércoles, 20 de febrero de 2008

Un valdeorrés a Eurovisión

Como xa sabedes algúns, e outros o saberedes agora, este ano, a pre-selección dos candidatos a representar a España no festival de Eurovisión que se celebra este ano en Belgrado, se realiza por votación popular por Internet. TVE en colaboración co portal de Internet MySpace, habilitou unha páxina onde se pode votar polos candidatos. Para votar só é necesario ter unha dirección de correo electrónico válida. Pódense emitir 5 votos por cada dirección de email cada día.

O valdeorrés Rubén Ferro, profesor no I.E.S. Lauro Olmo de O Barco, preséntase coa canción “De lo más importante”, composta por el mesmo. Neste momento figura no posto 24. Animádevos e votade todos os días. Se tedes 2 contas de correo podedelo votar 10 veces (darlle 10 votos) ó día. Para escoitar a canción e votar só tedes que :

  1. Entrar en http://www.myspace.com/eurovision2008
  2. Entrar no desplegable: ORENSE
  3. Escoger Rubén Ferro
  4. Clicar VOTAR
  5. Rellenar formulario MAIL
  6. Escribir o texto que aparece para validar
  7. Clicar en ENVIA TU VOTO

viernes, 15 de febrero de 2008

un poema

dices que tienes corazon,y solo
lo dices porque sientes sus latidos;
eso no es corazon..., es una maquina
que al compas que se mueve hace ruido

Hoy feliz dia del amor ! 13 de febrero

este poeme me a parecido bonito
os lo recomiendo porke trata del amor y del desamor

lunes, 11 de febrero de 2008

El Real Madrid golea

Mª Luisa
Onte xogou o Real Madrid co Valladolid.
Nun partido no que o Madrid goleou. Dous tantos de Guti, dous de Raúl, Batista, Roben e Drenthe.
Esperemos que todos os partidos lle saian igual de ben e ganen a liga!!!
Ahora xa son oito puntos de distancio os que o separa do Barcelona

viernes, 8 de febrero de 2008

Uso respectuoso do blog

O blog está para o uso e disfrute de toda a comunidade do C.P.I. Tomás Terrón Mendaña; alumnos, alumnas, profes, familiares, ex-alumnos, ex-alumnas, e simpatizantes en xeral.

Calquera persoa autorizada como autor ou autora poderá escribir entradas, e calquera en xeral poderá escribir comentarios relativos a
+ novas de interese para a comunidade do centro
+ novas sobre a bisbarra de Valdeorras
+ novas de interese cultural xeral
+ reseñas de celebracións ou actividades
+ calquera tema pasado, presente ou futuro que sexa de interese para a nosa comunidade

O correcto funcionamente do blog está controlado por un administrador que ten a potestade de eliminar certas entradas ou comentarios, aínda que non exerce censura sobre os contidos.

Os únicos comentarios e entradas que eliminará serán:
- repetidos (deixarase unha copia de cada)
- ofensivos ou calumniantes contra algún membro da comunidade

Por último, lembramos que o blog non está pensado para establecer enfrentamentos entre particulares. Para iso existen os chats e os foros xeralistas.

Un saúdo e teñas unha grata navegación

O administrador

miércoles, 6 de febrero de 2008

Gasol arrasa no seu debut cos Lakers

Onte a iso das 3 da mañá xogábase o partido New Jersey Nets – Los Angeles Lakers, no Continental Airlines de New Jersey a, cancha dos Nets. Sería un partido máis da NBA se non fose que foi o debut de Pau como laker. Non esquezamos que fichou hai escasamente 5 días, así que apenas entrenou co seu equipo; o equipo de Kareem, o equipo de Magic, o equipo dos seus soños.

Gasol demostrou que os Lakers non se equivocaron cambiandoo por 6 xogadores. A seu espectacular estatística, non deixa lugar ás especulacións: 24 puntos, 12 rebotes e 4 asistencias. Impresionante.

Podes ver un resumo case minuto por minuto do partido e algunhas cousas máis acerca da fichaxe, na páxina do Marca.

martes, 5 de febrero de 2008

Entroido 2008 no cole

Xa pasou o Entroido, ou coma din por algunha zona de por eiquí, “Morreu o Entrudo”. No cole fixemos o clásico festival, co programa xa coñecido por todos. Houbo un par de novidades; estreamos equipo de son (300 W que Luis soubo aproveitar) e fixemos un obradoiro de carautas de escaiola. Mágoa que a rapazada fixera as carautas para logo non usalas. :’-(
Sinalar positivamente a alta calidade dos traballos presentados nos diversos concursos; carautas, disfraces ou sobremesas, pero sinalar negativamente a escasa participación. Veña, ou, que non se diga que sodes valdeorreses… só 5 concursantes nos disfraces. A outra nota negativa foi que aínda non se entregaran os premios ós mellores disfraces e xa estaba o pavillón case baleiro. Apenas estabamos os que daban os premios e os que os recibían. E falando de premios, os agraciados foron:

Sobremesas:
1º premio: Brais Guitián, 3º E.S.O., torta de noces e abelás
2º premio: Alex Álvarez, 3º E.S.O., torta de mazá
3º premio: Javier Fidalgo, 1º E.S.O., torrijas
Mención honorífica ou accésit: Jacobo Martínez, 1º E.S.O., orellas

Carautas:
1º premio: Lucía Alonso, 3º E.S.O.
2º premio: Victor Tato, 3º E.S.O.
3º premio: Vicente García, 3º E.S.O.

Disfraces:
1º premio: Brais Guitián, Víctor Tato, Vicente García e Alex Álvarez, 3º E.S.O., vellos
2º premio: Pedro Amaro e Joel López, 2º E.S.O., matrimonio
3º premio: Adrián Blanco, 4º E.S.O., meiga

Noraboa ós premiados e a todos os participantes (que son case os mesmos), e sobre todo ó curso de 3º de E.S.O., que acadou a práctica totalidade dos premios. Esperamos ter fotos da festa e colgar eiquí algunha delas.

domingo, 3 de febrero de 2008

Pau Gasol ficha por Los Angeles Lakers

Despois de 8 anos xogando na NBA, cun campionato do mundo e un subcampionato de Europa, Pau Gasol, actualmente líder do seu equipo, os Memphis Grizzlies, pasará a formar parte da plantilla dun dos máis grandes equipos de baloncesto da historia, Los Angeles Lakers. O pasado 1 de febreiro, o representante de Pau Gasol pechaba o trato co equipo de California. Os Grizzlies cambian a Pau por 2 xogadores dos Lakers; Kwame Brown (número 1 do draft), Jarvis Critterton, os dereitos de elección en primeira ronda dos draft do 2008 e 2010, e os dereitos sobre o irmán de Pau, Marc Gasol, - tamén campión de mundo e subcampión de Europa -, e a reincorporación e cesión a Memphis dun xogador dos Lakers, Aaron McKie, que estaba xa retirado (pero cobrando). Total, Pau a cambio de 6 xogadores !.

Pau Gasol naceu en Sant Boi de Llobregat o 06 de xullo de 1980 (ten 27 anos), e foi o segundo español en xogar na NBA (o primeiro foi o falecido Fernando Martín), e o primeiro en trunfar. Foi escollido mellor rookie (xogador novato, no seu primeiro ano na NBA) na temporada 2001-02, e xogou un All Star Game no que foi máximo reboteador no 2006. Podes ver en wikipedia o impresionante palmarés de Pau.

Los Angeles Lakers é o segundo equipo que máis veces gañou o campionato da NBA (14), despois do se eterno rival, os Boston Celtics (16), e moi por diante do terceiro, os Chicago Bulls (6). É o equipo onde desenvolveron a súa carreira e se fixeron famosos míticos xogadores como Jerry West, Bob McAdoo, George Mikan, Wilt Chamberlain, James Worthy, Kareem Abdul-Jabbar ou Magic Johnson.

Pau conservará o número 16 que levaba ás costas nos Grizzlies. O ano pasado foi tentado tamén por outros equipos importantes da NBA como os Chicago Bulls ou os Boston Celtics.

sábado, 2 de febrero de 2008

Como escribir no blog

Escribir unha entrada ou un comentario nun blog chámase publicar, e para que todo o mundo saiba facelo, escribín un documento coas instruccións necesarias, moi completo, coas pantallas que hai que cubrir e todo. O único que precisades, sexades profe ou alumn@, é saber o contrasinal adecuado (preguntade no cole).

Pero a versión resumida destas instruccións é:


Para escribir unha entrada nova.

  1. Acceder como autor, premendo “Acceder”, arriba á dereita
  2. Introducir o nome de usuario e o contrasinal, e premer ACCEDER. (alum@s: alumno.sobradelo@gmail.com profes: profe.sobradelo@gmail.com)
  3. Clicamos en Nueva entrada para escribir algo novo, ou en Administrar: Entradas se queremos cambiar unha xa existente ou retomar un borrador.
  4. Escribir o título e texto do artigo, asiganarlle unha categoría e darlle a PUBLICAR ENTRADA.
  5. Clicar en GUARDAR AHORA, se non podemos ou queremos rematar nese momento e retomaremos o borrador mais tarde.

Para escribir un comentario a unha entrada
  1. Clicamos na palabra comentarios que está ó final da entrada
  2. En Deixa a túa opinión escribimos o comentario, e en VERIFICACIÓN DE LA PALABRA, as letras e/ou números que aparecen algo retortos xusto antes
  3. Escollemos a identidade coa que queremos que se publique a noticia (pode ser un enderezo e-mail, anónimo, ou un nome calquera (alias))
  4. Dámoslle a PUBLICAR COMENTARIO.

O enlace a este arquivo quedará na columna da dereita para que estea sempre dispoñible.