Hoxe é

lunes, 14 de abril de 2008

...MALLORCA!


Os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. fomos de excursión a Mallorca.
Os primeiros días aloxámonos nun hotel e os restantes nun albergue.
Tódolos días tiñamos que erguernos cedo para facer diferentes actividades.
O primeiro día fomos o centro de Palma e alí vimos diferentes cousas(o castelo, os baños árabes..).
Tamén visitamos as covas do Drac, fomos a unha vila coñecido polo seu ferrocarril que pasa por toda a vila, a visita a Marineland donde vimos diferentes animais acuáticos, un espectáculo de papagaios e o show dos golfiños, onde colleron como voluntario ao noso profesor Emilio para dar un paseo nunca barca e foi suxeito por estes animais tan fermosos.
Outro día fomos a praia pola mañá, pero para a nosa desgraza estaba invadida polas medusas e non nos poidemos bañar, pero por sorte si probamos as augas mallorquinas nunca cala pequena que había preto do albergue.
Fomos a Sa-calobra e a unha montaña na que facía moitísimo aire e na que as cámaras fotográficas eran o obxecto principal para a nosa diversión.
Entre outras moitas cousas que fixemos e sitios que visitamos, chegou a última noite, unha noite chea de diversión e tendo presente que ao día seguinte xa voltabamos para Galicia.
Chegou o día de regreso e todos esperando ese avión que nos levaría de volta a casa, foi unha viaxe máis calmada que a de ida, xa que estabamos bastante cansados e tristes porque chegara o fin desta excursión tan esperada por todos nós.



Lorelai 4º

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sii Mallorca... quero volver. A verdade e que o pasamos moi pero que moi ben...Todas as fotos que fixemos (e que ainda non temos) as risas, os compañeiros... ufffff
E se voltamos outra vez¿?¿?¿


Natalia

Anónimo dijo...

muy wapo mallorca me gustaria ir que es muy bonitooooooooooo!!!!!!!!