Hoxe é

lunes, 17 de diciembre de 2007

POR FIN CHEGAN AS VACACIÓNS!!

MªLuisa
Pois un día máis volvo por aqui. Este vez para desexarlle sorte a aqueles a alumnos que están cos últimos exames.
ánimo que xa queda pouco.
Un saudo para todos e sorte

viernes, 14 de diciembre de 2007

O mellor rapeiro do mundo!!!

MªLuisa

Hola pois volvo con outra noticia sobre música esta vez para falarvos sobre Eminem.
A min personalmente gústame moito o tipo de música que utiliza el (rap).
Deixovos un enlace no que podedes consultar algunha canción ou simplemente ver a descripción do disco.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Excursión: a tecnoloxía axuda ós discapacitados

Existen moitos tipos de discapacidade; mental, física, funcional, motora, sensorial, etc. Cada un destes tipos implica unha serie de inconvenientes ás persoas que a padecen. Ó longo da historia, foron aparecendo diferentes aparatos, inventos ou técnicas para facerlle a vida un pouco máis fácil a que sofre estes impedimentos. Exemplos disto son o simple bastón dos ou o adestramento de cans guía para os invidentes, audífonos para os xordos, cadeiras de rodas para os que non poden camiñar, etc.

Pero todos estes son inventos moi “vellos”; ¿ten a moderna tecnoloxía algo que ofrecer?. Pois si, temos dende aparatos que funcionan por ordes faladas para a xente sen mobilidade, ordenadores que poden ser manexados movendo a cabeza ou simplemente coa vista, rampas automáticas para subir escaleiras, etc.

Cando a axenda do centro o permita, os alumnos e alumnas de tecnoloxía e un par de profes, realizaremos unha visita ó Centro de atención integral Princesa Letizia, de Vilagarcía de Arousa, onde poderemos ver e interactuar con este tipo de medios, e achegarnos un pouco e ver como é un día de traballo de persoas con parálise cerebral, e o día dos profesores e coidadores que traballan con eles. Este é un centro de día para persoas con parálise cerebral.

¿Sabes o que é un centro de día? ¿E a parálise cerebral ?

Día internacional das personas con discapacidade

O día 3 de decembro foi declarado pola Asemblea Xeral da ONU como o día internacional das persoas con discapacidade, e a súa conmemoración ten como meta fomentar a comprensión dos asuntos relativos á discapacidade e mobilizar ó apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas discapacitadas. Tamén tenta aumentar a sensibilidade sobre os beneficios que se derivan da integración das persoas con discapacidade en cada un dos aspectos da vida política, social, económica e cultural. O día internacional pretende conseguir que as persoas discapacitadas disfruten dos dereitos humanos e participen na sociedade de forma plena e en condicións de igualdade, obxectivo establecido polo Programa de Acción Mundial para os impedidos.

O lema deste ano é Traballo digno para as persoas con discapacidade. É dicir, este ano, a conmemoración centrarase na busca de cómo lograr un traballo digno para as persoas con discapacidade e nos xeitos de profundizar nas habilidades desta bolsa de talentos marxinada.

O artigo 27 da recén adoptada Convención dos dereitos das persoas con discapacidade recoñece o dereito ó traballo das persoas con discapacidade sobre a base de igualdade con respecto a outros traballadores.

¿Crees que as persoas con discapacidade teñen máis ou menos dereitos que as persoas que non as teñen? ¿Dereito a unha vivenda digna? ¿A un traballo digno? ¿Cres que se cumplen estes preceptos na actualidade no teu contorno?

¿Cómo pode a tecnoloxía axudar ás persoas con discapacidade? ¿Cómo poden as administracións axudar ás persoas con discapacidade optar a un traballo digno?

¿Coñoces a alguén con discapacidade? ¿Qué tipo de discapacidade ten? ¿Cómo inflúe no seu día a día e na súa realización como persoa?

¿Qué tipos de discapacidades coñeces? ¿Qué tipos de axuda a esas discapacidades coñeces?

· La ONU y las personas con discapacidad

· Entorno accesible

· Rights and Dignity of Persons with Disabilities

· Organización mundial de persoas con discapacidade

· Fademga

A orixe da tradición das postais de Nadal

Na antiga Roma, as festas para honrar ó deus Jano, dedicabanse ó culto da amistade, felicitando ós amigos e familiares con polas de olivo, monedas de ouro e doces. Como tantas outras tradicións, foi cristianizada, e co paso dos anos os regalos antes mencionados transformouse en envío de felicitacións.

A primeira postal de imprenta foi enviada dende Estrasburgo en 1476 e está asinada polo grabador Marters E.S.

Pero a tradicional felicitación de Nadal con postais tal e como se fai hoxe e de maneira comercial (mercar postais feitas) foi idea do británico sir Henry Cole, un home de negocios londinense que editaba libros infantís ilustrados e que chegaría a ser director do famosísimo Victoria & Albert Museum.

No ano 1843 encargou a un amigo debuxante chamado John Horsley uns debuxos con esceas de Nadal que máis tarde reproduciu na imprenta xunto cunhas breves mensaxes de bos desexos e felicitacións. Estas postais eran firmadas e se lles daba cor manualmente. A Lenda sobre Henry Cole di que fixo todo isto para compensar o que tardaba en respostarlle as cartas das persoas ás que lle mandaba logo a postal, xa que era un pouco lacazán para as súas cousas.

De xeito que imprimía as que necesitaba para mandar e facía algunhas máis que vendía na súa libraría ó precio de 1 chelín cada unha (o que valía unha comida, daquela).

O deseñador John Horsley inclui na tarxeta a lenda “Merry Christmas and a Happy New Year” (Bo Nadal e feliz aninovo), que chegou ata o día de hoxe. O ano seguinte, na mesma corte real da raíña Victoria copiaronlle a idea.

Pero a súa popularidade non foi moi grande ata que se modificaron as taxas de correos de xeito que enviar unha postal custase a metade que unha carta con sobre e, ademáis, apareceu un novo método de impresión en cor de maneira que non houbese que pintar as postais a man. En 1849, o artista inglés William Egley produciu unha tarxeta popular, máis económica.

Un home de negocios chamado Louis Prang levou as poistais a Boston, en Estados Unidos, o ano en que se popularizou o costume de utilizar tarxetas impresas para fecilitar as festas.

Este artigo está sacado desta páxina, onde podes ver tamén a orixe doutras tradicións do Nadal.

I concurso de postais de Nadal

Na antiga Roma, as festas para honrar ó deus Jano, dedicabanse ó culto da amistade, felicitando ós amigos e familiares con polas de olivo, monedas de ouro e doces. Como tantas outras tradicións, foi cristianizada, e co paso dos anos os regalos antes mencionados transformouse en envío de felicitacións.

A primeira postal de imprenta foi enviada dende Estrasburgo en 1476 e está asinada polo grabador Marters E.S. Pero a tradición de enviar as postais como hoxe facemos foi unha idea comercial de alguén con moita vista, moitos anos despois….

Para saber os detalles le a noticia seguinte.

Este ano no cole celebrase o I Concurso de postais de Nadal, para tod@s @s alumn@s do centro. Fai un debuxo co lema “Qué é para ti o Nadal?”. Para min son vacacións, para min son regalos, para min é comer turrón e polvoróns, e para mín é a conmemoración de cando naceu Xesús. Busca a túa mensaxe e fai a túa postaliña, e concursa.

BASES DO CONCURSO

1. Poden presentarse todos os alumnos e alumnas do C.P.I. Tomás Terrón Mendaña que estean matriculados no prazo do concurso.

2. O prazo de presentación de traballos é do 3 ó 19 de decembro, ambos inclusive.

3. Haberá 3 categorías, con 3 premios cada unha

a. Educación infantil e 1º e 2º de primaria

b. 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

c. Educación secundaria

4. Poderanse presentar tantos traballos como se queira.

5. A técnica é libre, é dicir, pódese realizar o debuxo a lápis, ceras, témpera, acrílicos, collage, óleo, acuarela, rotulador, lápis de cor, etc.

6. O formato do soporte é libre, é dicir, pódese presentar en papel de folio, de debuxo, cartulina, pergamino, tablilla, tea, etc.

7. O tamaño é libre. De todos os xeitos, deberá ser un tamaño susceptible de poder ser entendido como postal.

8. O xurado estará formado por profesor@s e alumn@s.

9. O s gañadores ou gañadoras serán dados o coñecer o último día de clase antes das vacacións.

10. Os traballos serán expostos nos taboleiros do colexio.

Ánimo e participa.

domingo, 2 de diciembre de 2007

Breve historia da escravitude

Aínda que a maioría da xente identifica a escravitude co tráfico e explotación da poboación negra, fundamentalmente procedente de África e destinada a América, de certo, a escravitude comezou na prehistoria e mantívose sempre (ata hoxe), coma unha característica desgraciadamente inherente á condición humana.

Na prehistoria, no neolítico, ....

Se queres ver a noticia enteira, pincha eiquí

Día internacional para a abolición da escravitude

O 2 de decembro de 1949, a Asemblea Xeral da ONU, aprobou o Convenio para a represión da trata de persoas e da explotación e da prostitución allea, co que se pretende loitar contra todos os tipos de tráfico de escravos. Deste xeito no ano 1996, a Asemblea xeral decidiu conmemorar o 2 de decembro, lembrando esta data, como o día internacional para a abolición da escravitude.

Anteriormente, o 25 de setembro de 1926 celebrarase a Convención sobre a escravitude, en Xenebra. Foi posteriormente modificada na sé da ONU en Nova York, o 7 de decembro de 1953.

Pero os primeiros instrumentos internacionais para combatir a escravitude foron a Acta Xeral de Berlín de 1885, a Acta Xeral e Declaración de Bruselas de 1890, e a Convención de Saint-Germain-en-Laye, de 1919.

¿Cómo definirías a escravitude? ¿Qué tipos de escravitude cres que se dan no mundo actual? ¿En qué países? ¿Cres que haxa no teu país? ¿E no teu concello?

Enlaces de interese

· Día internacional para la abolición de la esclavitud, en Naciones Unidas

· Biblioteca de Educación en Derechos Humanos: Esclavitud, trata de personas, trabajo forzoso

· La esclavitud sigue existiendo en muchos países

· Esclavitud, en Wikipedia

· Día internacional para la abolición de la esclavitud, en Wikipedia

· Cronología de la esclavitud, entre 1479 e 1888

· Trata de esclavos africanos en América

· La esclavitud en Egipto

· África pide perdón por sus esclavos

· Historia de la esclavitud en Amnistía Internacional

· La esclavitud: américa conquistada, áfrica esclavizada

· Décimo congreso das Nacións Unidas sobre prevención do delito e tratamento do delincuente: Novo tratado mundial para combatir a escravitude sexual de mulleres e nenas.

· La esclavitud y el trabajo forzoso

· Día internacional para la abolición de la esclavitud, con UNICEF