Hoxe é

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Día mundial da televisión

O 17 de decembro de 1996, a Asemblea Xeral da ONU decidiu establecer o 21 de novembro como día mundial da televisión, conmemorando a data na que se celebrou o Primeiro Foro Mundial sobre a TV.

Poderíamos aproveitar esta conmemoración para reflexionar acerca dos contidos que amosa a tele actualmente; dos que temos á nosa disposición, cales son os que consumimos; o que lle pedimos á TV; qué uso (interesado ou non) se fai da televisión; ¿é un servicio público ó servicio dos cidadáns, ou é unha empresa para gañar cartos? ¿qué influencia ten na nosa conducta, nas nosas vidas e no devir do mundo en xeral?

Coma sempre, temos un feixe de películas que tocan varios temas políticamente incorrectos relacionados co mundo deste medio de comunicación. Recomendovos o visionado dos seguintes filmes.

O síndrome de China, 1978 (The China Syndrome). Dirixida por James Bridges e protagonizada por Jack Lemmon, Jane Fonda e Michael Douglas. Durante un reportaxe rutinario a unha central nuclear nos Estados Unidos de América, os xornalistas gravan un accidente na central, que ó final, resultou ser gravísimo. Como políticamente non interesaba publicalo (a mesma empresa estaba construindo outras centrais), tentouse silenciar o asunto, incluso co resultado de mortes. Ilustra a manipulación político-económica dos medios de comunicación.

O Show de Truman, 1998 (The Truman Show). Dirixida por Peter Weir e protagonizada por Jim Carrey, Ed Harris e Paul Giamatti. Truman é un home normal que vive unha vida completamente normal, ata que un día se decata que a súa vida é estranamente repetitiva. Acaba descubrindo que a súa vida é prefabricada, e dende o seu nacemento foi un experimento dun reality show que pretendía durar toda a súa vida sen que el se decatase. Todo o país vivíu a vida de Truman dende o seu nacemento. ¿Nunca te preguntaches se a túa vida é real ou es un monicreque dun sistema?

Network, un mundo implacable, 1976 (Network). Dirixida por Sidney Lumet e protagonizada por William Holden, Faye Dunaway, Peter Finch e Robert Duvall. O mundo da TV move uns enormes capitais económicos e representa un gran poder político e social. Por isto, a loita polos índices de audiencia son encarnizadas; os canais son capaces de case todo... mesmo o suicidio en directo e anunciado.



Requiem por un soño, 2000 (Requiem for a Dream). Dirixida por Darren Aronofsky e protagonizada por Ellen Burstyn, Jared Leto, Christopher McDonald e Jennifer Connelly. Catro persoas persiguen o seu soño, unha muller, o seu fillo e a moza e mellor amigo del. Acaban facendo ata límites insospeitados por acadalo, e acaban destruíndo as súas vidas. O soño da muller é sair nun reality show, e iso a destrúe totalmente.

Hai moitas máis, pero, ou ben son menos significativas, ou ben eu non as coñezo. Investiga no meu videoclube ou preguntalle ós teus profesores por elas.
Lembra, moitas veces, unha imaxe vale máis que mil palabras. Se ves algunha delas, deixa algún comentario para os que non o fixeron.

No hay comentarios: