Hoxe é

lunes, 3 de diciembre de 2007

Excursión: a tecnoloxía axuda ós discapacitados

Existen moitos tipos de discapacidade; mental, física, funcional, motora, sensorial, etc. Cada un destes tipos implica unha serie de inconvenientes ás persoas que a padecen. Ó longo da historia, foron aparecendo diferentes aparatos, inventos ou técnicas para facerlle a vida un pouco máis fácil a que sofre estes impedimentos. Exemplos disto son o simple bastón dos ou o adestramento de cans guía para os invidentes, audífonos para os xordos, cadeiras de rodas para os que non poden camiñar, etc.

Pero todos estes son inventos moi “vellos”; ¿ten a moderna tecnoloxía algo que ofrecer?. Pois si, temos dende aparatos que funcionan por ordes faladas para a xente sen mobilidade, ordenadores que poden ser manexados movendo a cabeza ou simplemente coa vista, rampas automáticas para subir escaleiras, etc.

Cando a axenda do centro o permita, os alumnos e alumnas de tecnoloxía e un par de profes, realizaremos unha visita ó Centro de atención integral Princesa Letizia, de Vilagarcía de Arousa, onde poderemos ver e interactuar con este tipo de medios, e achegarnos un pouco e ver como é un día de traballo de persoas con parálise cerebral, e o día dos profesores e coidadores que traballan con eles. Este é un centro de día para persoas con parálise cerebral.

¿Sabes o que é un centro de día? ¿E a parálise cerebral ?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Holita!! Aqui os dejamos un pequeño comentario Leti y MaRi. Emilio, están muy bien todos eses artículos, te lo curras muxo!!.
Se os hecha de menos... a unos mas que a otros xsupuesto...jeje.

Un Besazo!!A Cuidarse

Anónimo dijo...

pareceme ben para coñecer mais afondo esa enfermidade e para darnos de conta de que a xente con discapacidade mental pode traballar como outro calquera

Anónimo dijo...

me parece bien ya que las personas discapacitadas tambien son importantes en el mondo.Y asi poderemos saber muchas más cosa sobre esa enfermedad....

Anónimo dijo...

Pareceme moi ben todo isto da tecnoloxia para que moitos discapacitados leben moito meyor a súa vida cotia.