Hoxe é

jueves, 22 de noviembre de 2007

Un novo comic en galego


¡Estamos de sorte! Xa viu a luz unha nova publicación de humor, esta vez en galego. E que mellor nome para unha revista galega de humor que ... RETRANCA. Segundo os seus autores, o obxectivo da revista é recuperar o humor galego, e para iso apostan por un eslogan máis galego que os grelos: "...lerasnos de morto se non nos les de vivo"

Ten como mascota á Santa Compaña, que tentará recuperar a longa tradición de humor galego. Retranca xa ten páxina web, bueno, é un blog, realmente, así que podedes consultala, se queredes.

Sae a un bo prezo, pouco máis de 2 €, e esperamos que cheguen ós quiscos de O Barco algún dos 8.000 exemplares que se van editar.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

pareceme ben porque eu non lera ningun comic en galego jejeje

Anónimo dijo...

espero que este comic faga que a xente lea máis cousas en galego

Anónimo dijo...

Este comic ten que estar moi ben, xa que eu lín un en galego e a verdade é que me gustou moito.