Hoxe é

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Cinco anos de chapapote

Hai 5 anos a Costa da Morte e un pouco despois toda Galicia viviu a peor catástrofe ecolóxica da súa historia. Un petroleiro monocasco nun estado deplorable chamado Prestige, lanza un S.O.S. xa que se atopa en grave risco de naufraxio fronte as costas de Galicia. Todos lembramos o que aconteceu. O barco foi a pique, vertendo cerca de 60.000 toneladas de fuel, que acabaron nas rochas, nas praias, no peixe, nas aves mariñas, etc. Esta marea negra foi contraatacada cunha marea branca de solidariedade de voluntari@s chegad@s de toda España e algún sitio máis.
¿Cantos anos tiñas cando aconteceu isto? ¿Qué recordas? ¿Cómo o viviches? ¿Coñeces a alguén que fora limpar á costa? ¿Cómo pensas que está a cousa agora? ¿Coñeces algún dos medios utilizados para limpar ou para extraer o fuel do pecio?

8 comentarios:

Anónimo dijo...

fai cinco anos tiña 12 anos e acórdome que fóramos a fa cer unha cadea humana cos do colexo e era desagradable ve-la costa así

Anónimo dijo...

cando pasou isto eu tiña 12 anos,a verdade e que cada vez que mirava a televisión quedava un pouco asustada porque via que o que estava pasando era moy grave xa que moitos animais perdian a vida,alguns dos alumnos de este centro foron alí para ver se podian axudar en algo.moitas persoas estavan alí con palas ,outroas simplemente usavan as mans.por sorte agora as cousas xa estan controladas.

Anónimo dijo...

Tiña 12 anos.
Moitas cousa que vía pola tele de cotiá, como viñan voluntarios de todas partes de España a limpar as costas galegas para que a catástrofe non fora a mais.
Pois despois de cinco anos o litoral galego esta mais ou menos limpo da catástrofe pero non recuperado de todo.
Algúns dos medios foron as máns de moitos voluntarios/as, tamén palas escabadoras para que o traballo fora mais rapido.
O colexio de Sobradelo foi voluntario a facer unha cadea humana ó lugar do sucedido.

Anónimo dijo...

Eu tiña 12 anos cando ocorreu a dramática catástrofe do Prestige.
Lémbro moi poucas cousas como cando apareceron outros barcos para remolcalo, lémbro tamén de cando chegou o fuel ás costas ...
Non coñezo a ninguén que fora a limpar ás costas Galegas pero lembro que fora xente deste colexio para facer unha cadea humana.
A cousa penso que está así así, non sei.
Non teño nin idea de como se pode sacar todo o fuel do Prestige para que non siga vertendo mais, que tanta desgracia causou.

Anónimo dijo...

Tiña 11 anos cando ocorreu este desastre,e recordo como si aínda fose hoxe.Todos os mariñeros, recolledoras de moluscos,veciños... indignados e sufrindo polo que lle pasara ás súas costas galegas.As aves,os peixes,o mar...todo era oscuro,todo de cor negro.Xente chegada de todas partes dándolle o seu apoio;poñian a sua bata branca,os seus guantes e as súas palas para axudarlle a quitar todas as manchas negras que había.Alumnos de este centro e de case toda Galicia foron a unirse para que nin a Xunta nin ningun goberno se burlaran de el@s.

Anónimo dijo...

Pois eu tiña 11 anos cando ocorreu isto, a verdade e que non me acordo moi ben do que pasara pero si que foi unha gran catastrofe que por un tempo destruiu a costa galega que tardou moito tempo en volver a ser a mesma de sempre.
Alumnos e profesores deste colexio foron para xuntarse con outros alumnos para facer a "Marea Humana".
Creo que a costa está mellor pero que non se recuperou de todo o fin foi un golpe moi duro.
Limpaban collendo o fuel cas mans, con palas e outros utensilios e metendoo en cestos. Mirade estas preguntas e prestadelle atención que son moi interesantes.

Anónimo dijo...

brais.

pufff.una de las catastrofes máis grandes de galiza.Eu tiña nove anos e acordome q foron rapaces de colexo a facer unha cadeo humana.
Só ver aquelas persoas recollendo fuel,xa daban ganas de chorar.

hai q pasar máis a menudo por aqui.

xao.

!!!!!NUNCA MÁIS!!!!!

Anónimo dijo...

deunos moita pena porque nos encanta a pesca e sobre todo gustanos o marisco,pero xa pasou todo.!!!! hurra,hurra polo marisco !!!! jejejejajaja