¡Parabéns! Xa publicamos os nosos primeiros 50 artigos. É dicir, este que estás a ler é o número 51. Houbo un pouco de todo, xente que aprendeu cousas no blog, xente que se divertiu, mandáronse saúdos e ánimos, e mesmo ex-alumnos o len e alguén de fora usouno para atopar o cole.
Ledicia coma sempre nunha celebración deste tipo, pero animándovos a todos, a profes e rapazada a que escribades. Colaborade todos con esta páxina, que é de todos. A ver se chegamos dentro de pouco ó primeiro cento.
Comamos neste anaquiño de tarta, que non sei se levará trufa ou non, pero ten unha pintaza !
jueves, 31 de enero de 2008
Xa levamos medio cento
Escrito por Emilio ás 3:37
Etiquetas: blog, conmemoracions
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Oleeee!!!! 50 Artigos xa!!!... que ben... felicidades!!
Pois a seguir así e espero que cheguedes os 100 moi pronto... xa que todos os que levades ata agora estiveron moi interesantes...
Unha aperta!! A Coidarse...
Neste colexio pasei eu 12 anos e sen dúbida foron uns dos millores da miña vida.
Non esquecerei xamás este colexio nin as amizades que fixe nel nin moitos dos profesores.
Moitas grazas a todos por ese anos.
Publicar un comentario