Hoxe é

sábado, 19 de enero de 2008

Actividades do Entroido

Xa está aquí de novo o Entroido, un ano máis. Este ano temos as actividades do ano pasado e algunha máis, sempre mellorando. Vou complementar un pouco a información recollida no cartel.

Concurso de carautas.
Como o
ano pasado, pode participar todo o que queira, establecéndose simplemente, unha categoría para primaria e outra para secundaria, cada unha dela con 3 premios. Pódense presentar cantas carautas se queiran, e de calquera tipo; máscaras, antefaces, testas postizas, etc, sendo a única restrición que sexan carautas que funcionen, é dicir, que se poidan usar. Os materiais e o tipo de suxeición tamén se deixan ó libre albedrío dos participantes.

Haberá de prazo de entrega ata o venres 1 de febreiro pola mañá.

Desfile e entrega de premios.
Como o ano pasado, pode participar todo o que quera, habendo, simplemente, unha categoría para primaria e outra para secundaria, cada unha dela con 3 premios. Pódense presentar cantas carautas se queiran, e de calquera tipo; máscaras, antefaces, testas postizas, etc, sendo a única restrición que sexan carautas que funcionen, é dicir, que se poidan usar. Os materiais tamén se deixan ó libre albedrío dos participantes.

Haberá de prazo de entrega ata o venres 1 de febreiro pola mañá.


Concurso de disfraces.
Como en anos anteriores, o xa clásico concurso de disfraces repartirá 3 premios entre os máis votados participantes de secundaria (individuais ou colectivos). Agradecerase a alegría e bo humor durante toda a xornada e se puntuará tanto o disfrace en sí mesmo como o saber levalo.


Concurso gastronómico.
Tamén como en anos anteriores celebrarase o famoso concurso gastronómico, no que admiraremos as grandes aptitudes culinarias do alumnado (ou das nais do mesmo ;-). Levarase a cabo o propio día do festival e os participantes deberán avisar con antelación ós seus titores para dar recado na cociña do cole.


Obradoiro de máscaras de escaiola.
Para os alumnos e alumnas de 3º e 4º de secundaria que o desexen este ano levaremos a cabo un obradoiro de máscaras de escaiola. Este consistirá en facer unha máscara coa forma da propia face, para posteriormente maquillala ou decorala ó noso gusto.

O mércores pola mañá a primeira hora faremos as máscaras axudándonos entre nós, e deixarémolas secar ata o día seguinte.

O xoves pola mañá a primeira hora darémoslles unha capa de tapaporos con Alquil, e deixaremos que sequen ata despois do xantar. Pola tarde, decorarémolas con témperas, pintura en spray, maquillaxe, etc, dándolle cancha á nosa creatividade.

Xa o venres pola mañá coa decoración seca, acabaremos as máscaras engadíndolles gomas, paos ou calquera outro sistema de suxeición.


Representación de danzas do mundo.
Este ano, en primicia mundial, os nosos compañeiros e compañeiras de infantil e primaria, con cadanseus profes, acompañarán as súas xa tradicionais comparsas cunha representación de danzas de diferentes partes do mundo. Xa nos tarda.


Desfile e entrega de premios.
Despois dos cativos e das cativas, a rapazada disfrazada de secundaria desfilará para o disfrute de todos os asistentes e un xurado imparcial composto por compañeiros e compañeiras de diferentes cursos votará ós mellores, que levarán os respectivos premios.

Esperamos que o pasedes moi ben nesta xornada festiva e que participedes cantos máis, mellor.

No hay comentarios: