Hoxe é

jueves, 24 de enero de 2008

Bill Gates xubílase

O pasado 7 de xaneiro celebrouse en Las Vegas (Estados Unidos) a Feira (anual) de Electrónica de Consumo (CES). Durante a mesma, o multimillonario e principal accionista, fundador e presidente de Microsoft, Bill Gates, anunciou que abandonará o seu traballo na empresa para dedicarse “a tempo completo” á súa familia, e á fundación benéfica que fundou coa súa dona, a Fundación Bill & Melinda Gates ”.

Podes ver o simpático vídeo no que Bill Gates busca traballo de actor, músico ou político pedíndolle un lugar ós seus amigos famosos.

Versión completa en inglés: http://www.youtube.com/watch?v=U17WMa7SuzA

Versión resumida comentada en castelán: http://www.youtube.com/watch?v=RXPxf9QtuiY

Bill Gates, nacido en Seattle, EE.UU., o 28 de outubro de 1955, fundou a empresa Microsoft xunto co seu amigo Paul Allen no ano 1976, para desenvolver o sistema operativo dos microordenadores, que xurdían nese momento e para os cales non existía software. Entre as súas obras máis coñecidas está o sistema operativo Windows ou a suite informática Office, formada por Word, Excel, Access, Power Point, a enciclopedia Encarta, o navegador Explorer, ou a consola XBox. Conseguiu introducir algún dos seus produtos na meirande parte dos fogares do mundo industrializado, en case todos os ordenadores persoais do mundo, e isto valeulle para chegar a ser o home máis rico do mundo, segundo a revista Forbes, mesmo por diante de todos os magnates do petróleo, antes dos 50 anos de idade.

En xaneiro de 2000, crea xunto coa súa dona a “Fundación Bill & Melinda Gates”, (entrada de Wikipedia)unha organización benéfica á que donan 23.000 millóns de dólares, o que supón a metade dos 56.000 millóns de dólares que compoñen a súa fortuna. En maio de 2006 a fundación recibiu o Premio Príncipe de Asturias de colaboración internacional.

Querido e odiado a partes iguais, o que está claro e que Bill Gates pasará á historia como un dos empresarios de máis éxito de todos os tempos e un dos homes máis influentes da historia.

Curiosidade: ¿Sabes que hai unha especie de mosca que leva o seu nome (a Eristalis Gatesi ou mosca Bill Gates)?

No hay comentarios: