Hoxe é

domingo, 3 de febrero de 2008

Pau Gasol ficha por Los Angeles Lakers

Despois de 8 anos xogando na NBA, cun campionato do mundo e un subcampionato de Europa, Pau Gasol, actualmente líder do seu equipo, os Memphis Grizzlies, pasará a formar parte da plantilla dun dos máis grandes equipos de baloncesto da historia, Los Angeles Lakers. O pasado 1 de febreiro, o representante de Pau Gasol pechaba o trato co equipo de California. Os Grizzlies cambian a Pau por 2 xogadores dos Lakers; Kwame Brown (número 1 do draft), Jarvis Critterton, os dereitos de elección en primeira ronda dos draft do 2008 e 2010, e os dereitos sobre o irmán de Pau, Marc Gasol, - tamén campión de mundo e subcampión de Europa -, e a reincorporación e cesión a Memphis dun xogador dos Lakers, Aaron McKie, que estaba xa retirado (pero cobrando). Total, Pau a cambio de 6 xogadores !.

Pau Gasol naceu en Sant Boi de Llobregat o 06 de xullo de 1980 (ten 27 anos), e foi o segundo español en xogar na NBA (o primeiro foi o falecido Fernando Martín), e o primeiro en trunfar. Foi escollido mellor rookie (xogador novato, no seu primeiro ano na NBA) na temporada 2001-02, e xogou un All Star Game no que foi máximo reboteador no 2006. Podes ver en wikipedia o impresionante palmarés de Pau.

Los Angeles Lakers é o segundo equipo que máis veces gañou o campionato da NBA (14), despois do se eterno rival, os Boston Celtics (16), e moi por diante do terceiro, os Chicago Bulls (6). É o equipo onde desenvolveron a súa carreira e se fixeron famosos míticos xogadores como Jerry West, Bob McAdoo, George Mikan, Wilt Chamberlain, James Worthy, Kareem Abdul-Jabbar ou Magic Johnson.

Pau conservará o número 16 que levaba ás costas nos Grizzlies. O ano pasado foi tentado tamén por outros equipos importantes da NBA como os Chicago Bulls ou os Boston Celtics.

No hay comentarios: